martes, 10 de enero de 2012

Novas variantes de Stuxnet


Segundo Kaspersky, as variantes do gusano Stuxnet funciona de maneira similar aos bloques plástico Lego.

Este gusano é considerado como un dos peores códigos malignos na historia da informática. Afecta a equipos con Windows, e foi descuberto en xuño de 2010 por VirusBlokAda, unha empresa de seguridade de Bielorrusia. É o primeiro gusano capaz de reprogramar sistemas industriales, en concreto sistemas SCADA de control e monitorización de procesos, puidendo afectar a infraestructuras críticas como centrais nucleares. Aínda que o ataque inicial parece centrarse en Irán, desde entón a infeccion foi expandiéndose por distintos países, como a India, Pakistán ou Alemaña.

Segundo Kaspersky, trataríase dun conxunto de módulos de software desarrollados para funcionar entre si, tendo cada un unha funcionalidade distinta. Os programadores destos códigos poden crear novas funcións, agregando ou eliminando módulos, que funcionan como os bloques de Lego. 

Aínda que os programas antivirus xa foron actualizados e protexen contra as infeccións causadas por Stuxnet, para os creadores do virus non é difícil corrixir o código para que as novas variantes non sexan detectadas, polo menos inicialmente, conclúe Kaspersky.

No hay comentarios:

Publicar un comentario